Luis Sipos Magniac
Luis Sipos Magniac, nado en Viveiro o 3 de decembro de 1845 e finado en Madrid o 22 de novembro de 1879, foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Pedro Sipos González, de Medina de Rioseco, e de Carlota Ignacia Magniac, da Coruña. Oficial da Dirección Xeral do Tesouro. En 1860 publicou en Barcelona unha coroa poética "A la toma de Tetúan". Publicou poemas en El Bazar e La Ilustración Española y Americana, e despois en Heraldo de Vivero. Finou aos 31 anos.[1][2]