Luis Saravia de la Calle
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI A Rioxa, España |
Morte | século XVI |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, presbítero |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Luis Saravia de la Calle, nado na Rioxa no século XV, foi un sacerdote e doutor en Teoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi autor, en lingua vernácula, dun tratado de cambio e usura publicado na década de 1540, "La instrucción de mercaderes".
A súa obra non foi a única do seu tempo a tratar as cuestións monetarias. En poucos anos publicáronse en España outras coma "Provechoso tratado de cambios" de Cristóbal de Villalón (Valladolid, 1541) e o "Tratado de los préstamos" de Luis de Alcalá (Toledo, 1543). O contexto foi clave para impulsar a xeración de obras con esta temática. Coa chegada masiva de ouro e prata procedente de América, as divisas experimentaron unha desvalorización que veu da man dunha alza sostida de prezos. O libro de Saravia, en ton divulgativo, estaba dirixido tanto a mercadores coma a eclesiásticos, e buscaba dilucidar sobre a licitude da usura e a moralidade ao redor dos incrementos de prezos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Quirós García, Mariano (2008): La "Instrucción de mercaderes" (1544) del doctor Saravia de la Calle y el léxico de la economía renacentista