Luciano Taxonera Vivanco
Luciano Taxonera Vivanco | |
---|---|
![]() Luciano Taxonera, retrato en Vida Gallega, 1919. | |
Nacemento | 4 de abril de 1890 |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | 30 de abril de 1967 |
Lugar de falecemento | Caracas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
Pai | Luciano Taxonera Cabo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Luciano Taxonera Vivanco, nado en Ferrol o 4 de abril de 1890 e finado en Caracas o 30 de abril de 1967, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Luciano Taxonera Cabo. Trasladouse sendo mozo a Madrid onde comenzou a súa carreira xornalística en El Diario Universal, La Mañana e El Fígaro, onde foi redactor-xefe. Viaxou a Lisboa, Roma, París e América do Sur como enviado especial de prensa. En 1959 instalouse en Caracas, onde faleceu.
Ademais de xornalista, foi un prolífico escritor e tradutor de varias obras. Escribiu diversas obras de inspiración histórica e unha biografía.
Obras[editar | editar a fonte]
- Charla, críticas al día (Madrid, 1912)
- El otro amor (1913)
- Rosas de diciembre (1914)
- La nieve de los años (1914)
- La comedia de vivir (1915)
- El corazón batalla (1916)
- Lo que nos dicen las ruinas (1919)
- La vida a distancia (1913)
- La revolución del 54 (1931)
- ¿Qué haces que no llegas? (1932)
- Un político español del siglo XIX. González Bravo y su tiempo (1941)
- Mi amigo el soldado Kanya (1943)
- El destino manda. Diario de amor y de guerra
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Premio Fastenrath da Real Academia Española por Un político español del siglo XIX. González Bravo y su tiempo.