Saltar ao contido

Luca Milesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuca Milesi
Biografía
Nacemento21 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata
San Giovanni Bianco, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 2008 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Bispo diocesano
21 de decembro de 1995 – 4 de outubro de 2001
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1996–), sacerdote católico (1950–) Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Freires Menores Capuchinos Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónPaulos Tzadua (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Luca Milesi, O.F.M.Cap., nado o 21 de abril de 1924 en San Giovanni Bianco (Lombardía) e finado o 22 de maio de 2008 en Asmara, foi un relixioso católico italiano, primeiro bispo de Barentu dende 1995 até 2001.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O 4 de marzo de 1950 foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos. En 1971 foi nomeado administrador apostólico da vigairía apostólica de Asmara dos latinos, cargo que exerceu até que o 21 de decembro de 1995 foi nomeado bispo da nova eparquía de Barentu da Igrexa católica etíope.

Recibiu a consagración episcopal o 4 de febreiro de 1996 de mans do metropolita de Adís Abeba Paulos Tzadua, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Asmara Zekarias Yohannes e ao de Adigrat Kidane-Mariam Teklehaimanot.

Retirouse o 4 de outubro de 2001, e foi sucedido por Thomas Osman, do que foi co-consagrante o 12 de xaneiro de 2002. Finou o 22 de maio de 2008 en Asmara.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mons. Luca Milesi: Una vita per la missione in Eritrea. Velar. ISBN 9788871354101. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]