Vigairía apostólica católica latina de Asmara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVigairía apostólica católica latina de Asmara

Localización
Poboación
Poboación2.300.000 (1990) Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata

A vigairía apostólica de Asmara dos latinos (en latín: Vicariatus Apostolicus Asmarensis Latinorum) foi unha sé da Igrexa Católica Latina, suprimida en 1995.

Historia[editar | editar a fonte]

A prefectura apostólica de Eritrea foi erixida o 13 de setembro de 1894,[1] en territorios da vigairía apostólica de Exipto e da prefectura apostólica do Delta do Nilo (hoxe integrantes da vigairía apostólica de Alexandría de Exipto). O seu primeiro prefecto apostólico foi o padre capuchino italiano Michele da Carbonara,[2] dende a institución da prefecturá até o seu pasamento en 1910.[3]

O 7 de febreiro de 1911 a prefectura apostólica foi elevata a vigairía apostólica.

O 4 de xullo de 1930 cedeu a xurisdición sobre os católicos etíopes ao ordinariato de Eritrea, pasando a ter só xurisdición sobre os fieis de rito latino.

O 25 de xullo de 1959 cambiou o nome polo de vigairía apostólica de Asmara.

En 1995 a vigairía apostólica, vacante dende 1971, foi suprimida; e os fieis de rito latino pasaron a depender das eparquías de rito etíope de Asmara, Barentu e Keren.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Metodio da Nembro (1953). Institutum Historicum Ord. Fr. Min. Cap., ed. La missione dei minori Cappuccini in Eritrea: (1894 - 1952). Bibliotheca seraphico-capuccina: Sectio historica 13. p. 1. 
  2. Agostino Giovagnoli (2005). Guerini e Associati, ed. La Chiesa e le culture: missioni cattoliche e scontro di civiltà. p. 147. ISBN 9788883356568. 
  3. Metodio da Nembro, 1953, p. 25.
  4. Uoldelul Chelati Dirar (2002). "Collaborazione e conflitti: Michele da Carbonara e l'organizzazione della prefettura apostolica dell'Eritrea (1894-1910)". Quaderni storici 37 (1): 157. ISSN 0301-6307. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]