Luís García-Reboredo Isla
Biografía | |
---|---|
Morte | 20 de xuño de 1932 Vilagarcía de Arousa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , político |
Lingua | Lingua castelá |
Luís García-Reboredo Isla, coñecido como Luís G. Reboredo Isla, finado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1932, foi un empresario e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Consignatario das Compañías Lloyd Norte Alemán de Bremen e Lloyd Real Holandés de Ámsterdam en Vilagarcía de Arousa. Patrocinou a revista Vida Céltica. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Ao ano seguinte da súa morte creouse a Fundación Reboredo para a construción dun centro de ensinanza para nenos. Finou en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1932.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Foi pai de José, Alejandro, Eduardo e Ramón García-Reboredo.[2]