Low Noise Block

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un LNB, presente diante dunha antena parabólica.

Un Conversor de Baixo Ruído ou LNB (polas súas siglas inglesas, Low Noise Block) é un equipamento que se atopa nas antenas parabólicas usado para a recepción de sinais de satélites emitidos nunha faixa de frecuencia de ondas electromagnéticas de tipo microondas, e en dúas bandas, xeralmente, unha Banda C e a outra unha Banda Ku.

O LNB capta o sinal e fai unha redución da súa frecuencia para ser levada despois a sinal ao cable coaxial que este está ligado ao receptor, xeralmente a faixa de frequencia usada é a da chamada Banda L correspondente á frecuencia en Banda C e/ou Banda Ku.

O principio que rexe o funcionamento electrónico dun LNB é o do Super-heterodino.

Exemplos de LNB's[editar | editar a fonte]

LNB na Banda-C[editar | editar a fonte]

Este é un exemplo dun LNB de Banca C de Norteamérica.

  • Oscilador local: 5.15 GHz
  • Frecuencia: 3.40-4.20 GHz
  • Figura de ruído: intervalos de 25-100 Kelvin.
  • Polarización: Linear
Tensión de alimentación Frecuencia LO Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado
13 V 5.15 GHz Vertical 3.40-4.20 GHz 950-1750 MHz
18 V 5.15 GHz Horizontal 3.40-4.20 GHz 950-1750 MHz

LNB na Banda-Ku[editar | editar a fonte]

Banda Ku, padrón do LNB na América do Norte.

Aqui está un exemplo dun LNB linear:

  • Oscilador local: 10.75 GHz
  • Frecuencia: 11.70-12.20 GHz
  • Figura de ruído: 1 dB.
  • Polarización: Linear
Tensión de alimentación LO Frecuencia Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado
13 V 10.75 GHz Vertical 11.70-12.20 GHz 950-1450 MHz
18 V 10.75 GHz Horizontal 11.70-12.20 GHz 950-1450 MHz

LNB Universal ("Astra" LNB)[editar | editar a fonte]

Astra tipo LNBF

Aquí é un exemplo dun LNB universal utilizado en Europa:

  • Figura de ruído: 0.2 dB típico
  • Polarización: Linear
Tensión de alimentación Ton de abastecimento LO Frecuencia Polarización Recibida Frecuencia da Banda recibida IF Faixa usado
13 V 0 kHz 9.75 GHz Vertical Baixo (10.70-11.70 GHz) 950-1950 MHz
18 V 0 kHz 9.75 GHz Horizontal Baixo (10.70-11.70 GHz) 950-1950 MHz
13 V 22 kHz 10.60 GHz Vertical Alto (11.70-12.75 GHz) 1100-2150 MHz
18 V 22 kHz 10.60 GHz Horizontal Alto (11.70-12.75 GHz) 1100-2150 MHz

LNBF (Low-noise Block Converter "Feed Horn")[editar | editar a fonte]

É un tipo de LNB capaz de seleccionar a localización dos satélites e a codificación dos canais recibidos através dunha variación na súa tensión de alimentación, non sendo, así necesario o uso dun polo-rotor, que xeraba problemas.

É un LNB co "Feed Horn" integrado. Moitas veces o "F" é omitido, como o LNB Ku, que a pesar de o alimentador estares integrado, non é común denominar-lo LNBF Ku.