Love, Death & Robots
Love, Death & Robots | |
---|---|
Formato | Antoloxía |
Creado por | Tim Miller |
Desenvolvido por | Blur Studio |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 35 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Joshua Donen David Fincher Jennifer Miller Tim Miller |
Duración | 6–21 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 15 de marzo de 2019 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80174608 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Love, Death & Robots (estilizado como LOVE DEATH + ROBOTS) é unha serie antolóxica e animada estadounidense de Netflix.[1] A primeira tempada componse de 18 episodios e foi estreada o 15 de marzo de 2019.[2] A serie foi producida por Joshua Donen, David Fincher, Jennifer Miller e Tim Miller.[3] Cada episodio foi animado por un equipo diferente orixinario de diferentes países.[4] A serie é unha revisión de Fincher e Miller do filme Heavy Metal.[5]
O elenco da primeira tempada inclúe a Mary Elizabeth Winstead, Gary Cole, Chris Parnell, Omid Abtahi, John DiMaggio, Christine Adams, Josh Brener, Emily O'Brien, Jill Talley, Hakeem Kae-Kazim, Nolan North, Elaine Tan, Aaron Himelstein, Samira Wiley, Stefan Kapičić e Topher Grace, con Grace e Winstead aparecen en papeis de acción en vivo e non en animación. O elenco da segund tempada está composto por Michael B. Jordan, Nancy Linari, Emily O’Brien, Joe Dempsie, Ike Amadi, Nolan North, Fred Tatasciore, Peter Franzén, Jennifer Hale, Sebastian Croft, Brian Keene, Steven Pacey, Scott Whyte e Zita Hanrot.
En xuño de 2019, Netflix renovou a serie para for unha segunda tempada de oito episodios,[6] a cal se estreou o 14 de maio de 2021, cunha terceira tempada de nove episodios que se estreou o 20 de maio de 2022.[7][8]
Premisa
[editar | editar a fonte]A serie animada consta de 18 episodios non relacionados entre eles, todos de arredor de 20 minutos de duración, cada un deles con diferentes produtores e elencos. O título da serie fai referencia á conexión temática baseada en amor, morte e robots.[9][10][11]
Acollida
[editar | editar a fonte]En Rotten Tomatoes, a serie ten un índice de aprobación do 73% baseado en 30 recensións, e unha puntuación media de 6,68/10. O consenso crítico da páxina declara "Esta antoloxía animada ten Morte creativa abondo para satisfacer ós seareiros do cyberpunk que Aman que os seus Robots teñan influencia de Heavy Metal, mais as elevadas ambicións da serie a miúdo son abrumadas pola preocupación polo gore e a excitación."[12][13]
Abby Robinson de Digital Spy describiu a serie problemática na súa representación das mulleres como obxectos principalmente sexuais e vítimas de traumas, e calificouna como "firmemente arraigada no pasado".[14] No seu escrito para The Daily Beast, Nick Schager describiu a serie como un "Black Mirror para a multitude amante dos videoxogos e eloxiou a serie polas súas "aventuras diversas cheas de violencia, humor e unha saudable dose de sensualidade".[11] Nunha valoración máis negativa, Ben Travers de IndieWire describiu os episodios "a miúdo hipermasculinos e a medio facer" e deulle á serie unha valoración C, aínda que a recensión está baseada só en 6 dos 18 episodios.[15] Escribindo para Wired, Peter Rubin alavou a serie e a súa natureza de superar os límites, declarando que "ás veces, só queres ver a Adolf Hitler asfixiado por un xigantesco monte de xelatina". Rubin tamén expresou a súa frustración ante o aparentemente "interminable desfile de superheroes estoicos e de mulleres que os enganan ou escapan", sinalando que ás veces parece que Fincher e Miller dirixiron a serie a un "subconxunto particularmente retrógrado de fanáticos do xénero".[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hipes, Patrick (7 de xaneiro de 2019). "'Love Death & Robots': First Look At David Fincher & Tim Miller's Animated Netflix Anthology Series". Deadline (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Robinson, Tasha (14 de febreiro de 2019). "The trailer for David Fincher's Love, Death & Robots is a manic headache". The Verge. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Radulovic, Petrana (14 de febreiro de 2019). "First trailer for Netflix's animated anthology Love, Death, & Robots makes it clear this is for adults". Polygon. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Prudom, Laura (14 de febreiro de 2019). "Netflix's Love, Death & Robots Trailer: First Look at Tim Miller and David Fincher's Surreal Animated Anthology". IGN (en inglés). Consultado o 14 de febreiro de 2019.
- ↑ Schwartz, Terri (16 de marzo de 2019). "How David Fincher and Tim Miller's Heavy Metal Reboot Became Netflix's Love, Death & Robots". IGN (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2019.
- ↑ Porter, Rick (10 de xuño de 2019). "'Love, Death and Robots' Renewed at Netflix, Adds 'Kung Fu Panda 3' Director". The Hollywood Reporter. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ Alexander, Julia (19 de abril de 2021). "Love, Death and Robots Returns in Season 2 Trailer, Already Renewed for Third Season". IGN. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Peters, Jay (18 de abril de 2022). "Netflix's Love, Death, and Robots season three is coming May 20th". The Verge. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2022. Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ Temperton, James (16 de marzo de 2019). Wired UK, ed. "Netflix's Love, Death & Robots is sexist sci-fi at its most tedious". ISSN 1357-0978. Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ Fear, David (18 de marzo de 2019). "'Love, Death & Robots' Review: Netflix's 'Heavy Metal' For Post-Millennials". Rolling Stone. Consultado o 24 de marzo de 2019.
- ↑ 11,0 11,1 Schager, Nick (15 de marzo de 2019). Daily Beast, ed. "From Latex Strippers to Killing Hitler: Inside Netflix's Wildest Series" (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ "Love, Death & Robots: Season 1 (2019)". Rotten Tomatoes. Fandango. Consultado o 18 de abril de 2019.
- ↑ "Love, Death & Robots Reviews". Metacritic. Consultado o 27 de marzo de 2019.
- ↑ Robinson, Abby (19 de marzo de 2019). "'Netflix's Love Death + Robots has one very big problem and it's not okay". DigitalSpy (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2019.
- ↑ Travers, Ben (10 de marzo de 2019). "'Love, Death & Robots' Review: David Fincher and Tim Miller's Netflix Shorts Are One-Dimensional Beauty". IndieWire (en inglés). Consultado o 18 de marzo de 2019.
- ↑ Rubin, Peter (15 de marzo de 2019). "Love, Death & Robots' and the Rise of NSFW Netflix". WIRED. Consultado o 19 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Love, Death & Robots na IMDb (en inglés).