O grupo principal dos Loukozoa son os Jakobea. Os Loukozoa inclúen tamén a Malawimonas. Aínda que os Jakobea e Malawimonas parecen bastante similares, non están especificamente relacionados entre si dentro do grupo dos Excavata, polo que os Loukozoa son un grupo parafilético. Ademais, as evidencias filoxenéticas moleculares indican claramente que, en realidade, os Jakobea están máis relacionados cos Heterolobosea e Euglenozoa.[4]. Por todas estas razóns, o uso do grupo Leukozoa foi abandonado na maioría das clasificacións modernas.[5]
↑Cavalier-Smith, T. (1999). "Principles of protein and lipid targeting in secondary symbiogenesis: Euglenoid, dinoflagellate, and sporozoan plastid origins and the eukaryote family tree". The Journal of Eukaryotic Microbiology 46 (4): 347–366. doi:10.1111/j.1550-7408.1999.tb04614.x. PMID 18092388.