Los Nikis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Los Nikis
OrixeAlgete, Comunidade de Madrid, España España
Período1981 - 1998
Xénero(s)Pop, Punk
Selo(s) discográfico(s)DRO
MembrosEmilio Sancho
Arturo Pérez
Joaquín Rodríguez
Rafa Cabello
Páxina webwww.losnikis.com

Los Nikis foi un grupo de música español fundado nos oitenta. Apareceu para dar á movida unha volta de porca ao estilo dos Ramones. Cunha letras divertidas e unha discutible calidade musical, pasearon o seu estilo guitarreiro durante toda a década. Cancións como El imperio contraataca, La naranja ya non é mecánica e Por el interes te quiero Andrés garantíronlles un recuncho na historia da música en España. Deixaron o grupo a principios dos anos 90, para dedicarse cada un ás súas respectivas carreiras profesionais, volvendo publicar un disco en edición limitada a finais da década titulado Más de lo mismo.

O único membro dos Nikis que retomou a carreira musical foi Joaquín Rodríguez, fundando o grupo Los Acusicas xunto a Mauro Canut (Los Vegetales), contando para o seu primeiro disco "Ha sido este" coas colaboracións de Emilio Niki e Nacho Canut (Fangoria).

Tralo seu disolución, unha gran cantidade de grupos en España decláranse herdeiros do seu estilo pop punk desenfadado, como Airbag, FANTA, Depressing Claim, No Picky, Shock Treatment, D.D.T. e moitos máis. O club de fans dos Nikis adoita organizar un concerto tributo anual no que os grupos realizan versións dos Nikis.

Membros[editar | editar a fonte]

Os Nikis foron, ao longo da súa carreira:

  • Batería: Rafa Cabelo, "Juanito" (Johnny Canut), Daniel Parra e Santi da Quintana.
  • Baixo: Joaquín Rodríguez.
  • Guitarras: Arturo Pérez.
  • Voz: Emilio Sancho.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • La amenaza amarilla (EP).
  • Sangre en el museo de cera (EP).
  • Olaf, el vikingo (EP).
  • El imperio contraataca (sinxelo).
  • Marines a pleno sol.
  • Brutus (sinxelo)
  • Submarines a pleno sol.
  • Los Nikis (Recompilatorio da época Lollypop).
  • La hormigonera asesina.
  • Mi chica se ha ido a Benidorm (Recompilatorio).
  • Más de lo mismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]