Los 15 hermanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Los 15 hermanos
LocalizaciónRúa Alcalde Usero, Ferrol, (A Coruña) Galicia Galicia
IndustriaAlimentación
ProdutosGaseosas, refrescos e sifóns
editar datos en Wikidata ]

Los 15 hermanos foi unha empresa galega de alimentación de Ferrol adicada ás bebidas e refrescos[1]. Foi unha das máis coñecidas da zona xunto con manancial de Lanzós. Na zona de Ferrol chegou a haber 16 marcas de gaseosas[2].

Empresa[editar | editar a fonte]

O nome da empresa: Los 15 hermanos, ven dos 15 irmáns que formaban e traballaban no negocio familiar. Tiña a súa sede na rúa Alcalde Usero, no barrio do Inferniño de Ferrol onde producía gaseosas e refrescos de sabores así como sifóns. O seu mercado como empresa estaba en Ferrol e na zona máis próxima da ría de Ferrol e chegando ata As Pontes de García Rodríguez sendo unha marca moi coñecida.

O seu logo era un sinxelo e chamativo cartel metálico de cor azul de 50 cm x 35 cm formado co nome Los 15 hermanos e 15 siluetas en amarelo que se podían ver nas portas das tendas[3]. A empresa desapareceu do mercado a principios dos anos 1990 pola chegada das grandes superficies cas súas distribuidoras, a competencia das grandes marcas, a desaparición das pequenas tendas de barrio e o troco das botellas retornables ás botellas dun só uso.

Marcas de gaseosas da zona de Ferrol[editar | editar a fonte]

  • En Ferrol:
    • La Barca
    • Aullón
    • Pibal
    • Los 15 Hermanos
    • La Pilarica
  • Mugardos
    • Zárate
    • La Pitusa
    • La Deliciosa
  • Valdoviño
    • Lanzós
  • Cedeira
    • Arribí, actualmente a empresa adícase á venda de empanadas galegas.
  • Ortigueira
    • Lagarea
  • Fene
    • Calviño
    • La Moderna
    • Yris
    • La Casera
  • Narón
    • J.Montero, a empresa segue na venda de refrescos.
  • Neda
    • Aguas de La Basana

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]