Loro (anatomía)
O loro ou lorum é a zona comprendida entre os ollos e as fosas nasais en aves, réptiles e anfibios. O adxectivo que se usa para referirse ao loro é loreal ou loral.
Ornitoloxía
[editar | editar a fonte]En ornitoloxía o loro ou lorum é a zona entre os ollos e a parte superior do peteiro, a ambos os lados da cabeza.[1] Esta zona ás veces está espida, e ademais a súa pel pode estar vivamente coloreada, como na familia dos corvos mariños.[2] Tamén pode presentar carúnculas como no caso dos caracarás. Se a ave presenta unha banda desde o ollo ao peteiro dunha cor diferente da plumaxe que a rodea, denomínase lista loral, que está presente en moitas especies de aves, como na píllara Charadrius ruficapillus. Se a liña vai por riba do loro ata a altura do ollo sen continuar por detrás del denomínase lista supraloral.[3]
Herpetoloxía
[editar | editar a fonte]Nos anfibios e réptiles o loro abrangue a zona inmediatemente comprendida entre os ollos e as narinas. Esta zona é análoga ao loro das aves, xa que estas adoitan ter as narinas na parte inicial do peteiro.
As escamas que presentan as serpes e os saurios nesta rexión denomínanse escamas loreais.[4] Os crótalos presentan un orificio en cada lado da cabeza entre os ollos e as fosas nasais denominado foseta loreal.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Project Green Shores: Green Heron" (PDF). Consultado o 18 de xuño de 2011.
- ↑ Margaret A. Wissman. "Avian Anatomy". Consultado o 18 de xuño de 2011.
- ↑ Dunn, Jon L., ed (2006). Field Guide to the Birds of North America. Washington, D.C.: National Geographic Society. ISBN 0-7922-5314-0.
- ↑ Phil Bowles. "Glossary". The Online Field Guide. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 8 de marzo de 2012.
- ↑ Campbell JA, Lamar WW. 2004. The Venomous Reptiles of the Western Hemisphere. 2 volumes. Comstock Publishing Associates, Ithaca and London. ISBN 0-8014-4141-2.