Meaño, Meaño
| Meaño | |
|---|---|
Canzorros románicos de San Xoán de Meaño | |
| Concello | Meaño[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°26′38″N 8°46′54″O / 42.44388889, -8.78166667 |
| Poboación | 491 hab. (2016) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Xoán de Meaño é unha parroquia que se localiza no centro do concello pontevedrés de Meaño. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 491 habitantes (252 mulleres e 239 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ós anos 2010, cando tiña 509 veciños, e 2005, cando eran 522. Ten unha superficie de 2,76 km².
No lugar das Covas sitúase a capitalidade do concello.
Patrimonio histórico-artístico
[editar | editar a fonte]Entre os edificios salientables figuran a igrexa parroquial de San Xoán de Meaño e o Pazo de Lis. A primeira é de construción románica aínda que posteriores modificacións só respectaron a base e algúns canzorros antropomórficos e zoomórficos. O Pazo de Lis é de estilo barroco e alberga na súa planta baixa o Museo da Muller Labrega.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Meaño.
- Pazo de Lis (Meaño).
- Igrexa de San Xoán de Meaño.
- Meaño no mapa da xurisdición da Lanzada incluído no Catastro de Ensenada, 1752.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Meaño
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Meaño no concello de Meaño (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Os Agros | A Canle | As Covas | Covela | O Outeiro | O Río da Vila | San Amaro | Solda | Trobisquido |