Lorena Luaces

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lorena Luaces
Nacemento29 de febreiro de 1984
 Ourense
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Lorena Luaces Barril, nada en Ourense o 29 de febreiro de 1984, é unha atleta galega, especialista en probas de marcha.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a practicar atletismo con 12 anos na escola deportiva A Ponte, en probas de cross, salto de vallas e combinadas, destacando en medio fondo e fondo. Logo de gañar a medalla de prata do Campionato de España en categoría cadete, decantouse pola marcha.

Entre 2002 e 2006 estivo no centro de alto rendemento de Sant Cugat, e entre 2006 e 2008 correu de novo coa escola deportiva A Ponte. Despois estivo un ano no CAR de Madrid. Desde 2009 compaxina a carreira deportiva coa súa vida laboral na subdirección xeral de grandes acontecementos deportivos internacionais do Consello Superior de Deportes.

O seu adestrador é José Antonio Quintana.

Ten o récord galego de 20 km marcha, con 1h 32'42", co que conseguiu a participación nos Campionatos Europeos de Barcelona 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]