Lonely Woman (composición)
«Lonely Woman» | ||
---|---|---|
de Ornette Coleman | ||
Lanzamento | 1959 | |
Formato | {{{formato}}} | |
Gravada | LP | |
Xénero musical | jazz | |
Lingua(s) | ||
Duración | 4 min 59 seg | |
Discográfica | Atlantic (1317) | |
Produtor(es) | Nesuhi Ertegun | |
Escritor(es) | Ornette Coleman | |
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Lonely Woman" é unha composición do músico de jazz Ornette Coleman. A gravación é a que abre o álbum The Shape of Jazz to Come. Ademais de Coleman ao saxofón alto, na gravación interveñen Don Cherry á corneta, Charlie Haden ao contrabaixo e Billy Higgins á batería.
Orixe
[editar | editar a fonte]Nunha entrevista con Jacques Derrida, Coleman relata a orixe da composición:
Antes de ser coñecido como músico, cando traballaba nuns grandes almacéns, un día, durante o meu descanso para comer, entrei nunha galería de arte na que había un cadro dunha muller branca moi xeitosa que tiña todo o que eu podería desexar na vida e tamén amosaba a meirande expresión de soidade que nunca vin. Endexamais volvín atopar unha expresión de soidade coma aquela e, cando voltei á casa, escribín a peza titulada "Lonely Woman."[1]
Outras versións
[editar | editar a fonte]Haden e Cherry fan unha versión desta composición en Old and New Dreams (ECM, 1979). Haden interpretouna outra vez en Etudes (1987) e In Angel City (1988).
O pianista John Lewis foi o primeiro en gravar a peza en xaneiro de 1962 co Modern Jazz Quartet para o álbum do mesmo título, que foi unha das primeiras gravacións en recoller unha composición de Coleman.[2][3] Máis tarde, en xullo do mesmo ano, Lewis gravouna outra volta no seu álbum European Encounter.[4]
Versións vocais, coas letras escritas por Margo Guryan, foron gravadas por Chris Connor (1962), Freda Payne (1964, en After the Lights Go Down Low and Much More!!!) e Carola Standertskjöld (1966).
Outras versións foron gravadas por:
- Helen Merrill e Dick Katz (A Shade of Difference, 1968)
- Marzette Watts con Patty Waters (The Marzette Watts Ensemble, 1969)
- Zurich International Festival All-Stars (From Europe With Jazz, 1971)
- Lester Bowie (Fast Last!, 1974)
- Old and New Dreams (Old and New Dreams, 1979)
- Jaki Byard (Phantasies, 1984)
- Charlie Haden con Paul Motian e Geri Allen (Etudes, 1987)
- Kronos Quartet (White Man Sleeps, 1987)
- Charlie Haden Quartet West (In Angel City, 1988)
- Charlie Haden (The Montreal Tapes: with Don Cherry and Ed Blackwell, 1989)
- John Zorn (Naked City, 1990)
- 8 Bold Souls (Sideshow, 1992)
- The Denison/Kimball Trio (Soul Machine, 1995)
- Joshua Redman (Momentum, 2005)
- Archie Shepp Joachim Kühn (Wo man, 2011)
- Brad Mehldau (Modern Music, 2011)
- Benoit Delbecq & Fred Hersch Double Trio (Fun House, 2013)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ . Derrida Interviews Coleman acceso 4 de outubro, 2014
- ↑ jazzdisco.org entrada Lonley Woman acceso 14 de marzo, 2018
- ↑ Cook, S. Allmusic Review acceso 6 de xuño, 2012
- ↑ jazzdisco.org entrada European Encounter acceso 14 de marzo, 2018