Llullaillaco
| (es) Llullaillaco | ||||
| Tipo | montaña volcán estratovolcán | |||
|---|---|---|---|---|
| Localizado na área protexida | Llullaillaco National Park (en) | |||
| Localización | ||||
| Continente | América | |||
| División administrativa | Los Andes, Arxentina (pt) | |||
| ||||
| Cordilleira | Andes | |||
| Características | ||||
| Altitude | 6.723 m | |||
| Prominencia topográfica | 2.344 m | |||
| Illamento topográfico | 264,53 km | |||
| Historia | ||||
| Cronoloxía | ||||
| maio de 1877 | derradeira erupción volcánica | |||

O Llullaillaco, probabelmente do quechua: Llullaq yaku (auga mentireira), é un volcán situado a 24° 43' de latitude Sur e 68° 33' de lonxitude Oeste na Cordilleira dos Andes, entre a Arxentina e Chile.
Características
[editar | editar a fonte]Cunha altitude de 6.723 m sobre o nivel do mar, é a sexta montaña máis alta de Suramérica. É a montaña de maior altura na provincia de Salta Arxentina, dunha altura de 6.739 metros, situado no límite coa República de Chile. O volcán está inactivo desde 1877, cando aconteceu a última erupción.
En 1999 no seu cume achouse un cemiterio incaico do que se extraeron tres momias, corpos de nenos conxelados. Se non se ten vehículo para chegar até o pé do Llullaillaco, é necesario arrendar mulas a baqueanos ou poboadores do lugar, os cales poden encontrarse nas vilas próximas.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Llullaillaco |
