Saltar ao contido

Llanddyfnan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLlanddyfnan
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°17′27″N 4°18′03″O / 53.290951, -4.30086
EstadoReino Unido
PaísGales
Área principalIsle of Anglesey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.065 (2021) Editar o valor en Wikidata
Creación1 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata

Cors Bodeilio

Llanddyfnan é unha comumidade de Gales localizada no condado de Anglesey, a 5,6 km ao nordeste de Llangefni, 10,6 ao noroeste de Menai Bridge e 11,4 ao oeste de Beaumaris. Os seus 1061 habitantes[1] distribúese nas aldeas de Capel Coch, Ceint, Llanddyfnan, Llangwyllog, Maenaddwyn, Mynydd Bodafon, Talwrn e Tregaian. O galés é a lingua principal da comunidade, segundo o censo de 2011 o 70,2% da poboación pódeo falar.[2]

Tres das igrexas da comunidade son de especial interese grao II*. A igrexa de San Caian de Tregaian data de cando menos o século XIV, data á que pertence unha das súas fiestras, a porta sur é do XV e o púlpito contén feituras do XVII. Mentres a pía é do século XII.[3] A igrexa de San Cwyllog en Llangwyllog é de contra o 1200, e xa se menciona no Norwich Taxation de 1254, non obstante os elementos datables máis antigos, unha porta e unha fiestra, son do século XV, restaurouse en 1854.[4] Na aldea de Llanddyfnan está a igrexa de San Dyfnan, do século XIV.[5]

Cors Bodeilio, preto de Talwrn, é unha reserva nacional natural e zona húmida de importancia internacional. É unha turbeira, onde se localizan especies como Potamogeton coloratus, orquídeas, mazaricos, avefrías e becacinas.[6] No nordeste de Tregaian hai outra reserva natural nacional, Cors Erddreiniog, onde se desenvolven especies como a Myrica gale, Gentiana pneumonanthe, Coenagrion mercuriale ou a gatafornela.[7]

  1. "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  2. Censo 2011 - Poboación
  3. Cadw (ed.). "Church of St Caian". Historic Wales. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  4. Cadw (ed.). "Church of St Cwyllog". Historic Wales. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2011. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  5. Royal Commission on the Ancient and Historical Monuments of Wales (ed.). "St Dyfnan's Church". Coflein. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  6. Countryside Council for Wales (ed.). "Cors Bodeilio". Landscape and Wildlife. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013. 
  7. "Cors Erddreiniog". Landscape and Wildlife. Countryside Council for Wales. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 18 de abril de 2013.