Liña 8 do metro de Barcelona
A Liña 8 do metro de Barcelona é un servizo de ferrocarril metropolitano que forma parte da Liña Llobregat-Anoia de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña (antigos Ferrocarrils Catalans), compartindo infraestrutura con cinco servizos máis. Camins de Ferro del Nord-est d'Espanya (NEE) construíu e inaugurou o ferrocarril no ano 1912.
O trazado da liña que une Barcelona - Pl. Espanya e Molí Nou | Ciutat Cooperativa, é de dobre vía soterrada no 73% do percorrido e dobre vía en superficie o resto do trazado.[1][2]
No 2007, inaugurouse unha nova estación entre Ildefons Cerdà e Gornal chamada Europa | Fira,[3] baixo a Plaça d'Europa de l'Hospitalet de Llobregat e está programada unha nova estación chamada Cornellà Salines entre Cornellà-Riera e Sant Boi, entre outras ampliacións como a creación de dos tramos de 11 e 14 km.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PDI 2009-2018, páx. 30.
- ↑ Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 14.
- ↑ Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 49.
- ↑ Sala de premsa del web oficial de la Generalitat de Cataluña, ed. (27 de xuño de 2010). "El DPTOP sotmet a informació pública l'estudi per construir una nova estació d'FGC al barri de Salines de Cornellà". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2010.