Liña 8 do metro de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L1
L1
Estación de Espanya, na liña 8.

A Liña 8 do metro de Barcelona é un servizo de ferrocarril metropolitano que forma parte da Liña Llobregat-Anoia de Ferrocarrís da Generalitat de Cataluña (antigos Ferrocarrils Catalans), compartindo infraestrutura con cinco servizos máis. Camins de Ferro del Nord-est d'Espanya (NEE) construíu e inaugurou o ferrocarril no ano 1912.

O trazado da liña que une Barcelona - Pl. Espanya e Molí Nou | Ciutat Cooperativa, é de dobre vía soterrada no 73% do percorrido e dobre vía en superficie o resto do trazado.[1][2]

No 2007, inaugurouse unha nova estación entre Ildefons Cerdà e Gornal chamada Europa | Fira,[3] baixo a Plaça d'Europa de l'Hospitalet de Llobregat e está programada unha nova estación chamada Cornellà Salines entre Cornellà-Riera e Sant Boi, entre outras ampliacións como a creación de dos tramos de 11 e 14 km.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. PDI 2009-2018, páx. 30.
  2. Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 14.
  3. Cambra de Comerç de Barcelona 2009, páx. 49.
  4. Sala de premsa del web oficial de la Generalitat de Cataluña, ed. (27 de xuño de 2010). "El DPTOP sotmet a informació pública l'estudi per construir una nova estació d'FGC al barri de Salines de Cornellà". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2010.