Lito Vila Baleato
Lito Vila Baleato | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 30 de xaneiro de 1978 |
Alemaña | |
Nacionalidade | España e Alemaña |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e profesor |
Coñecido por | Campus Morte |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Lito (Manuel) Vila Baleato, nado en Alemaña o 30 de xaneiro de 1978, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de emigrantes galegos, medrou no barrio de San Pedro de Santiago de Compostela, cidade na cal estudou Filoloxía Alemá e Hispánica na USC. Despois de rematar os seus estudos con estancias grazas a bolsas Erasmus na Universität Paderborn e na University of Manchester, volveu emigrar a Alemaña, onde impartiu clases varios cursos na mesma universidade na que fora estudante de intercambio, antes de pasar ao ensino secundario, onde exerce actualmente o seu labor docente.
En Alemaña ten publicado numeroso material didáctico, varios libros de texto de Español como Lingua Estranxeira (Encuentros, A tope, Apúntate) para educación secundaria e diferentes lecturas graduadas para escolares, así como público xuvenil e adulto nas editoriais Cornelsen Verlag e Editorial Pons. Escribe o blog La generación de la burbuja en El Correo Gallego para describir a súa visión de feitos actuais dende a súa perspectiva como emigrante en Alemaña[1].
En 2018 apareceu a súa primeira novela en lingua galega Campus Morte[2].
Campus Morte foi a obra gañadora do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos.
Obras[editar | editar a fonte]
- Novela negra:
- Campus Morte, Editorial Galaxia, 2018
- Lecturas graduadas para estudantes de Español como Lingua Estranxeira:
- ¿Cuándo empieza el futuro?, Cornelsen Verlag, 2020
- La casa amarilla, 5-Minuten Lektüren Spanisch A2, PONS, 2019
- El verano de mi vida, Cornelsen Verlag, 2019
- ¡Desconecta!, Cornelsen Verlag, 2019
- Tapas y más, 5-Minuten Lektüren Spanisch A1, PONS, 2019
- Tres meses en México, Cornelsen Verlag, 2019
- Un vecino muy raro, Cornelsen Verlag, 2018
- El secreto de mi padre, Cornelsen Verlag, 2015
- ¿Y ahora qué?, Cornelsen Verlag, 2015
- Tú no sabes quién soy, Cornelsen Verlag, 2013
- ¡Déjame en paz!, Cornelsen Verlag, 2013
- Aventuras de verano, Cornelsen Verlag, 2012
- El misterio de las mascotas, Cornelsen Verlag, 2012
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La generación de la burbuja, blog de Lito Vila.
- ↑ Campus Morte, na web de Editorial Galaxia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha do autor en Galaxia
- Presentación de "Campus Morte" na Libraría Couceiro en Santiago de Compostela
- Novela negra en Compostela: Entrada do blog "La generación de la burbuja" sobre "Campus morte"
- Entrevista Maria Couceiro en RadioVoz recomendando "Campus Morte"
- Manuel Gutiérrez entrevista a Lito Vila Baleato autor de “Campus morte“ en Radio Nacional de España
- "Santiago es el escenario ideal para una novela negra", Lito Vila Baleato, 1001 caras de Compostela
- Roteiro baseado na obra Campus Morte de Lito Vila Baleato Por Jesús