Lista de episodios de Matalobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta é unha lista dos capítulos da serie de televisión Matalobos, emitida pola TVG, xunto coa data de emisión e as súas audiencias.

   Capítulo Título Data de estrea Espectadores   Share   Trama
PRIMEIRA TEMPORADA
1
     "Un vencello para toda a vida"    Luns, 13 de abril de 2009
250.000
24,1%
Carmelo Matalobos organiza unha descarga de cocaína nunha praia, coa axuda das planadoras de Sindo Veloso. A Garda Civil, ao mando do tenente Táboas, séguelle os pasos ao clan. Ese día montan un operativo baixo a dirección da xuíz Mosteiro, pero trabúcanse de praia e non conseguen incautar a droga. Nese momento únese ao operativo Marcos Matalobos, capitán da Garda Civil e membro do UCO, amais de irmán de Carmelo.
Adriana, o contacto do cártel colombiano na Coruña, non está contenta coa improvisación de Carmelo. Este, que intúe que alguén do seu clan lle pasou información á Garda Civil, mándalle a Diego Dourado, o seu home de confianza, que solucione ese problema.
Por outra banda, vai ser o bautizo de Xoel, o neto de Arturo Campos, o avogado de Carmelo Matalobos. A filla de Campos non quere que o padriño do seu fillo sexa un narcotraficante.
2
     "O negocio familiar"    Martes, 14 de abril de 2009
238.000
21,7%
Carmelo retén o cargamento de cocaína para que os colombianos lle paguen unha maior porcentaxe. A Garda Civil anda detrás do alixo, e Carmelo vese obrigado a escondelo nunha nave de Arturo Campos, o avogado. Marcos Matalobos, o capitán da UCO, recibe un aviso e atopan o cargamento. Arturo Campos é detido ao rematar o bautizo do seu neto.
3
     "Pecados"    Luns, 20 de abril de 2009
302.000
31,4%
Carmelo Matalobos reúnese con Sindo Veloso e os outros tres xefes dos clans de Sardiñeira para os convencer de traballaren xuntos e ter maior poder ante os colombianos, mais Veloso é reticente. Arturo Campos é levado a prisión, acusado de tráfico de estupefacientes, e a súa filla -tamén avogada- faise cargo da súa defensa. O tenente Táboas fala do director do centro penitenciario para que lle conceda algún beneficio a Campos, co obxecto de que os Matalobos pensen que está a colaborar coa xustiza. Os Matalobos danlle unha malleira a Campos e encargan a un portugués que mate a Veloso.
4
     "Dentro"    Martes, 21 de abril de 2009
206.000
22,1%
Tras a morte de Gumersindo Veloso, os outros clans acordan formar un consorcio como Carmelo desexaba. Carmelo dille a Adriana que como a Garda Civil incautou a cocaína, a seguinte descarga faralla de balde. Vanesa Viaño, unha rapaza de familia humilde, dille a un distribuidor polo miúdo que ela tamén quere vender cocaína. Sara Campos acepta ser a avogada de Carmelo Matalobos.
5
     "Irmán meu"    Luns, 27 de abril de 2009
223.000
22,6%
Arturo Campos impaciéntase porque Carmelo non o dá sacado do cárcere, e este busca alguén que pague polo delito polo que acusan ao avogado. Unha muller amiga da familia Matalobos pídelle a dona Carme, a nai de Carmelo, que a axude a sacar do cárcere a Carlos, o seu fillo máis novo, a quen atoparan 80 gramos de cocaína na mochila. Víctor, o irmán máis vello de Carlos, é cocainómano e gardou a cocaína na mochila do irmán. Carmelo préstalle á familia dez mil euros para pagar a fianza de Carlos, pero pídelle a Víctor que entre ao cárcere no lugar de Arturo Campos.
Pola súa banda, Vanesa Viaño segue querendo vender cocaína, malia saber que o seu pai traballou no contrabando do tabaco tempo antes.
6
     "O Canario"    Martes, 28 de abril de 2009
172.000
16,2%
Adriana móntalle unha identidade falsa a Víctor para que apande cos 1500 quilos de coca aprehendidos. Carmelo prepárao para que a Garda Civil o deteña, pero no último momento morre dun ataque ao corazón cando conducía por mor dunha sobredose de cocaína.
7
     "Retribución"    Luns, 4 de maio de 2009
204.000
21,6%
Carmelo descobre que despois de cada descarga os colombianos mandan a América un cargamento de xoias, e planifica roubarlle o maletín ao funcionario do aeroporto a soldo dos narcos. Sara Campos pídelle a Marcos Matalobos que vixíe ao funcionario, porque Carmelo lle mandara investigalo e ten medo a que lle dean unha tunda. Cando o funcionario recibe o maletín, Marcos intercéptao e detéñeno. Vane recibe as primeiras doses de cocaína para comezar a vender polo miúdo.
8
     "Indecisión"    Martes, 5 de maio de 2009
190.000
19,9%
O funcionario é interrogado, e como confesa é levado a unha prisión de alta seguridade para evitar represalias contra el. Adriana debe asumir a perda do maletín coas xoias. Vane vai vender cocaína, pero Diego Dourado, o brazo dereito de Carmelo, impídeo ao saber que é filla de Pepe Viaño, e fai que lla rouben para lle meter medo no corpo.
9
     "Baixo o mesmo teito"    Luns, 11 de maio de 2009
201.000
20,4%
Vaise celebrar o aniversario de Dona Carme, e o seu maior desexo é ter os seus fillos xuntos na cea. Vanesa debe pagar a coca que lle roubaron. Miguel, un interventor de banco, debe 30000 euros aos Matalobos por débedas de xogo, e devólveos colléndoos do banco no que traballa, pero por mor dunha inspección reclámallos a Diego por medo a que o descubran. Finalmente, á cea asisten Marcos asiste á cea, e ao rematar fala con Bárbara, a muller de Matalobos, que é a súa confidente e quen lle pasa información das descargas.
10
     "A confidente"    Martes, 12 de maio de 2009
206.000
19,3%
11
     "A do marisco"    Luns, 18 de maio de 2009
210.000
21,6%
12
     "Un na estrada"    Martes, 19 de maio de 2009
212.000
20,9%
13
     "O home que veu de Colombia"    Luns, 25 de maio de 2009
213.000
20,3%
14
     "Guerra aberta"    Martes, 26 de maio de 2009
190.000
18,3%
15
     "E máis nada que a verdade"    Luns, 1 de xuño de 2009
109.000
15,2%
16
     "Sacrificios"    Martes, 2 de xuño de 2009
194.000
19,1%
17
     "Asuntos internos"    Luns, 8 de xuño de 2009
232.000
20,3%
18
     "Saldar contas"    Martes, 9 de xuño de 2009
234.000
20,2%
19
     "Cara adiante"    Luns, 15 de xuño de 2009
237.000
22,2%
20
     "Sen saída"    Martes, 16 de xuño de 2009
224.000
21,7%
21
     "Estrañas alianzas"    Luns, 22 de xuño de 2009
225.000
22,6%
Especial
     "O sumario"    Martes, 23 de xuño de 2009
131.000
18,3%
22
     "Todo en orde"    Luns, 29 de xuño de 2009
215.000
21,2%
SEGUNDA TEMPORADA
23
     "Entre a vida e a morte"    Martes, 5 de xaneiro de 2010
165.000
17,9%
24
     "Paradoiro descoñecido"    Martes, 12 de xaneiro de 2010
176.000
16,3%
25
     "Débedas herdadas"    Martes, 19 de xaneiro de 2010
170.000
14,5%
26
     "A vella escola"    Martes, 26 de xaneiro de 2010
140.000
13,6%
27
     "Saír adiante"    Martes, 2 de febreiro de 2010
170.000
16,1%
28
     "Fráxiles lealdades"    Martes, 9 de febreiro de 2010
193.000
17,3%
29
     "Punto e á parte"    Martes, 16 de febreiro de 2010
148.000
13,5%
30
     "Novos horizontes"    Martes, 23 de febreiro de 2010
167.000
15,7%
31
     "Dous son multitude"    Martes, 2 de marzo de 2010
167.000
15,0%
32
     "Principios e finais"    Martes, 9 de marzo de 2010
198.000
19,2%
33
     "Aires de cambio"    Martes, 16 de marzo de 2010
205.000
20,1%
34
     "Separación de bens"    Martes, 23 de marzo de 2010
164.000
16,8%
35
     "Billete de ida"    Martes, 30 de marzo de 2010
151.000
14,9%
36
     "Non hai trato"    Martes, 6 de abril de 2010
168.000
15,7%
37
     "Obrigadas despedidas"    Martes, 13 de abril de 2010
191.000
18,6%
38
     "Segredo de confesión"    Martes, 20 de abril de 2010
181.000
17,1%
39
     "Rehabilitacións e reconquistas"    Martes, 27 de abril de 2010
202.000
19,8%
40
     "Dereito á intimidade"    Martes, 4 de maio de 2010
154.000
14,7%
41
     "A cada pecado, a súa penitencia"    Martes, 11 de maio de 2010
171.000
17,0%
42
     "O xogo do dominó"    Martes, 18 de maio de 2010
235.000
21,7%
43
     "72 horas"    Martes, 25 de maio de 2010
202.000
18,2%
44
     "Coas dúas mans dereitas"    Martes, 1 de xuño de 2010
201.000
18,3%
45
     "O monstro interior"    Mércores, 9 de xuño de 2010
190.000
18,1%
46
     "Xustiza"    Martes, 15 de xuño de 2010
216.000
19,6%
47
     "Sen acritude"    Martes, 22 de xuño de 2010
226.000
21,8%
48
     "Todo ten consecuencias"    Martes, 29 de xuño de 2010
198.000
20,0%
TERCEIRA TEMPORADA
49
     "Todo segue igual"    Martes, 4 de outubro de 2011
176.000
15,5 %
50
     "Inimigos do leste"    Martes, 11 de outubro de 2011
190.000
17,7%
51
     "Para os nenos de Colombia"    Martes, 18 de outubro de 2011
170.000
15,2%
52
     "Convivencia pacífica"    Martes, 25 de outubro de 2011
211.000
19,0%
53
     "Nais e fillos"    Martes, 1 de novembro de 2011
182.000
17,3%
54
     "Envíos urxentes"    Martes, 8 de novembro de 2011
209.000
18,2%
55
     "Volve a casa"    Martes, 15 de novembro de 2011
201.000
17,5%
56
     "En quen confiar?"    Martes, 22 de novembro de 2011
189.000
16,7%
57
     "Os sacrificados"    Martes, 29 de novembro de 2011
159.000
14,9%
58
     "Causa aberta"    Martes, 6 de decembro de 2011
141.000
13,3%
59
     "Só negocios"    Martes, 13 de decembro de 2011
190.000
18,2%
60
     "Nada que perder"    Martes, 20 de decembro de 2011
189.000
17,4%
61
     "Inimigos íntimos"    Martes, 27 de decembro de 2011
169.000
14,6%
CUARTA TEMPORADA
62
     "Afundidos"    Martes, 3 de xaneiro de 2012
63
     "Acurralado"    Martes, 10 de xaneiro de 2012
175.000
15,2%
64
     "Promesas do leste"    Martes, 17 de xaneiro de 2012
65
     "Baixo terra"    Martes, 24 de xaneiro de 2012
160.000
14,2%
66
     "Os tempos están cambiando"    Martes, 31 de xaneiro de 2012
67
     "Eu son Mateo Veloso!"    Martes, 7 de febreiro de 2012
193.000
16,7%
68
     "Jaime Gandolfi despídese de vos"    Martes, 14 de febreiro de 2012
69
     "Sacrificios"    Martes, 21 de febreiro de 2012
70
     "Sen carga"    Martes, 28 de febreiro de 2012
180.000
16,0%
71
     "Identidade secreta"    Martes, 6 de marzo de 2012
190.000
16,5%
72
     "Soltando lastre"    Martes, 13 de marzo de 2012
73
     "O obxectivo"    Martes, 20 de marzo de 2012
Especial
     "Requiem"    Martes, 27 de marzo de 2012
74
     "Promesas cumpridas"    Martes, 3 de abril de 2012
234.000
18,9%
QUINTA TEMPORADA
Especial
     "Ano 1: A familia"    Martes, 11 de setembro de 2012
Especial
     "Ano 2: Traizóns"    Martes, 18 de setembro de 2012
Especial
     "Ano 3: Identidades"    Martes, 25 de setembro de 2012
75
     "Son Carmelo Matalobos"    Martes, 2 de outubro de 2012
175.000
16,2%
76
     "Non hai mentiras piadosas"    Martes, 9 de outubro de 2012
77
     "Non hai inocentes"    Martes, 16 de outubro de 2012
78
     "Primeira páxina"    Martes, 23 de outubro de 2012
79
     "O cuarto poder"    Martes, 30 de outubro de 2012
177.000
15,6%
80
     "Todos me queren ver morto"    Martes, 6 de novembro de 2012
81
     "Para o que serven os amigos"    Martes, 13 de novembro de 2012
82
     "Miserias"    Martes, 20 de novembro de 2012
83
     "Perfecto culpable"    Martes, 27 de novembro de 2012
84
     "Dúas horas no inferno"    Martes, 4 de decembro de 2012
129.000
10,6%
85
     "Dúas balas"    Martes, 11 de decembro de 2012
156.000
12,8%
86
     "30 millóns de euros"    Martes, 8 de xaneiro de 2013
87
     "Non volvas a vista atrás"    Martes, 15 de xaneiro de 2013
172.000
16,2%