Lisardo Sotelo Pérez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido San Xoán de Río, España |
Morte | 12 de maio de 1937 Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lisardo Sotelo Pérez, nado en San Xoán de Río e finado en Lugo o 12 de maio de 1937, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Ribas de Sil. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado no cárcere de Monforte o 20 de xaneiro de 1937. Xulgado en Lugo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo o 12 de maio de 1937 con Balbino Cerdeiras Rey, José Vázquez Liz e Manuel Vázquez Olmo[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Progreso, 13-5-1937, p. 4.