Liquenina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liquenina
Identificadores
Número CAS 1402-10-4
ChEBI CHEBI:6452
Propiedades
Fórmula molecular (C6H10O5)x
Masa molecular Variable

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A liquenina, tamén chamada liquenano ou amidón de musgo, é un polisacárido complexo formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra en varias especies de liques. Pode extraerse da Cetraria islandica, que recibe o nome de "musgo" de Islandia, polo seu parecido superficial cos musgos, pero que en realidade é un lique.[1] Foi estudada desde 1957.[2] Quimicamente a liquenina é un polímero liñal formado por residuos de glicosa unidos por enlaces glicosídicos β-1,3 e β-1,4.[3]

É un importante carbohidrato para a alimentación dos renos e os esquíos voadores do norte (Glaucomys sabrinus), que se alimentan do lique Bryoria fremontii.

Para extraela do "musgo" de Islandia, este dixírese nunha disolución débil fría de bicarbonato de sodio durante algún tempo, e despois férvese. Así, a liquenina disólvese e ao arrefriar sepárase como unha xelatina incolora. Non pode tinguirse con iodo, a diferenza doutros polisacáridos.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perlin, A.S.; Perlin AS, Suzuki S (1962). "The Structure Of Lichenin: Selective Enzymolysis Studies". Canadian Journal of Chemistry (Canada: National Research Council of Canada) 40 (1): 50–56. doi:10.1139/v62-009. 
  2. Cunningham, WL; Cunningham WL, Manners DJ (March 1964). "Studies on carbohydrate-metabolizing enzymes. 11. The hydrolysis of lichenin by enzyme preparations from malted barley and Rhizopus arrhizus". The Biochemical journal (England: Published by Portland Press on behalf of the Biochemical Society) 90 (3): 596–602. ISSN 0264-6021. PMC 1202740. PMID 5833367. 
  3. A.S. Perlin and S. Suzuki (1962). "The Structure of Lichenin: Selective Enzymolysis Studies". Canadian Journal of Chemistry 40: 50–56. doi:10.1139/v62-009. 
  4. Parte do texto procede da publicación en dominio público de Gilman, D. C.; Thurston, H. T.; Moore, F., eds. (1905). "Lichenin". New International Encyclopedia (1st ed.). New York: Dodd, Mead.