Linus Okok Okwach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Linus Okok Okwach
Bispo da Igrexa católica latina (Igrexa católica)
Biografía
Nacemento20 de outubro de 1952 en Ojola, condado de Kisumu, Kenya
Pasamento12 de setembro de 2020 en Kisumu, condado de Kisumu, Kenya
Ordes
Ordenación sacerdotal10 de decembro de 1980
Consagración episcopal31 de decembro de 1993, por Jozef Tomko
Bispo de Homa Bay
18 de outubro de 1993 - 20 de febreiro de 2002
SucesorPhilip Arnold Subira Anyolo

Linus Okok Okwach, nado o 20 de outubro de 1952 e finado o 12 de setembro de 2020, foi un eclesiástico católico latino kenyano, primeiro bispo da diocese de Homa Bay entre 1993 e 2002.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e sacerdocio[editar | editar a fonte]

Naceu o 20 de outubro de 1952 en Ojola, no territorio da arquidiocese de Kisumu, e no actual condado de Kisumu.[2][3][4] Foi ordenado sacerdote desta arquidiocese o 10 de decembro de 1980,[2][3][4][5] exercendo entre outros cargos o de reitor do seminario menor de San Gabriel.[6] Durante este período cursou un mestrado na Universidade Católica do África Oriental, rematando en 1989 a súa tese de mestrado The Luo Funeral Rite. Its liturgical Inculturation sobre os ritos funeraios do pobo luo.[7] Serviu na arquidiocese até o 18 de outubro de 1993, cando foi nomeado bispo da diocese de Homa Bay por Xoán Paulo II.[2][4]

Bispo de Homa Bay, retiro e morte[editar | editar a fonte]

O bispo Okwach foi o primeiro ordinario da nova diocese, e foi consagrado bispo en Homa Bay o 31 de decembro de 1993[2][5] polo cardeal Jozef Tomko, e tendo como co-consagradores a Clemente Faccani, pro-nuncio apostólico no país, e ao arcebispo de Kisumu Zacchaeus Okoth. Durante o seu pontificado apoiou a chegada á súa diocese dos Irmáns de San Carlos Luanga, e impulsou varios proxectos de desenvolvemento e educativos na rexión;[3][5] caracterizouse por un goberno disciplinado e áxil da diocese, pola súa piedade, e pola súa humildade.[6][8][5]

Permaneceu no cargo até a súa renuncia o 20 de febreiro de 2002.[2][3] Logo da súa renuncia non permaneceu inactivo, axudando na súa arquidiocese natal cos sacramentos das confirmacións e ordenacións sacerdotais, e traballou nunha tradución do Misal Romano á lingua luo, que quedaría inacabada coa súa morte.[6][8]

Finou no hospital St Monica de Kisumu, logo dunha longa doenza, na noite do 12 ao 13 de setembro de 2020.[3][4][6][8] Foi enterrado na catedral de San Paulo de Homa Bay o 30 de setembro.[6][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bishop Linus Okok Okwach". 24 de marzo de 2020. Consultado o 14/09/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Congregatio pro Gentium Evangelizatione (2005). Guida delle missioni cattoliche 2005 (en italiano). Urbaniana University Press. ISBN 9788840180830. Vescovo emerito (rin. 20 feb. 2002): S. E. R. Mons. Linus Okok Okwach, n. in Kisumu 20 ott. 1952; ord. 10 dic. 1980; el. 18 ott. 1993; cons. 31 dic. 1993. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Junior, Mireri (13 de setembro de 2020). "Bishop Emeritus Linus Okok dies in Kisumu hospital" [O bispo emérito Linus Okok morre no hospital de Kisumu]. The Standard (en inglés). Consultado o 17/11/2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Mjigwa, Richard A. (19 de setembro de 2020). "Askofu Mstaafu Linus O. Okwach: 20 Oktoba 1952-13 Septemba 2020" [Bispo emérito Linus Okok Okwach: 20 de outubro de 1952 - 13 de setembro de 2020]. Vatican News (en suahili). 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Odiwuor, George (30 de setembro de 2020). "Former Homa Bay Catholic Bishop Okwach laid to rest" [Enterrado o ex-bispo católico de Homa Bay Okwach]. Nation Media Group. Consultado o 17/11/2020. }
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Okoth, Jecinter Antoinette; Achiego, Rose (18 de setembro de 2020). Association of Member Episcopal Conferences in Eastern Africa, ed. "Bishop Emeritus of Homa Bay Mourned as a Disciplinarian, Levelheaded Manager" [O bispo emérito de Homa Bay chorado como un xestor disciplinado e sensato]. AMECEA News (en inglés). 
  7. Okwach, L. O. (1989). The Luo Funeral Rite. Its Liturgical Inculturation [O rito funerario luo. A súa inculturación litúrxica]. Nairobi: Catholic University of Eastern Africa. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Aineah, Agnes (14 de setembro de 2020). "Late Kenyan Bishop Eulogized as Educationist, Great Example of Humility" [Defunto bispo kenyano eloxiado como educador e gran exemplo de humildade]. Association for Catholic Information in Africa (ACI Africa) (en inglés). Consultado o 17/11/2020.