Saltar ao contido

Linguas da punta papúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas da punta papúa
 Instancia de
 Subclase de
Clasificación lingüística
Códigos e identificadores
Freebase/m/06f07b Editar o valor en Wikidata
Wikidata

As linguas da punta papúa son unha rama das linguas oceánicas occidentais que está composta por unhas 60 linguas.

Todas as linguas da punta papúa, agás a lingu nimoa, a lingua sudest e as linguas kilivila (todas elas faladas nas illas fronte á costa continental Papúa-Nova Guinea), teñen unha orde de palabras suxeito obxecto verbo (SOV) por mor da influencia das veciñas linguas papúas (Lynch, Ross, & Crowley 2002:104). Universalmente, este é considerado un cambio tipoloxicamente infrecuente. Xa que estas influencias non-austronesias poden reconstruírse para a lingua punta proto-papúa, non foron simplemente o resultado do contacto recente entre as linguas fillas individuais.[1]

  1. Reesink, Ger; Dunn, Michael (2018). "Contact phenomena in Austronesian and Papuan languages". En Palmer, Bill. The Languages and Linguistics of the New Guinea Area: A Comprehensive Guide. The World of Linguistics 4. Berlin: De Gruyter Mouton. pp. 939–985. ISBN 978-3-11-028642-7.