Lingua xugní
| Lingua xugní | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| xuɣ̌nůni ziv / хуг̌ну̊ни зив | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Xénero gramatical
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A lingua xugnoniana, en lingua autóctona хуғнун зив (xughnún ziv), pronunciado /хuɣˈnůn ziv/ ou xugnoniano[1] хуғнони (xughnoni) pronunciado /хuɣnoni/ (pode aparecer con adaptacións doutras linguas coma Shughni, Shugnani, Schughni, Şugni ou ben escrito en persa coma shughní ou taxico шуғнoнй-shugnoní) é unha das linguas do Pamir do grupo de linguas iranias meridionais orientais. Fálase no Badaghxán Montañoso[2] no Tadjiikistán e no Badaghxán[3] no Afganistán no distrito de Shugnán. Xugnoniano fai referencia ao habitante do Distrito de Xugnón[4] na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso no Tadjiikistán e á lingua que estes falan, e que se fala máis alá deste distrito.
Dialectos
[editar | editar a fonte]Alfabeto
[editar | editar a fonte]O alfabeto que se utiliza na actualidade é o taxico adaptado á lingua, igual que sucede coa lingua iagnobiana ou iagnobesa.

No seguinte cadro está representado o alfabeto latino usado ata 1931:
| A a | B в | C c | Ç ç | Є є | D d | Đ đ | F f |
| G g | Ƣ ƣ | H̡ h̡ | I i | J j | K k | L l | M m |
| N n | O o | Ө ө | P p | Q q | R r | S s | Ş ş |
| T t | Ѣ ѣ | U u | V v | W w | X x | X̵ x̵ | H h |
| Z z | Ƶ ƶ | З з |
Nestoutro cadro o alfabeto cirílico adaptado para o xugnaniano en 1938:
| а | ā | б | в | в̌ | г | ғ | г̌ |
| д | д̌ | ē | ê | ж | з | ҙ | и |
| ӣ | й | к | қ | л | м | н | о |
| п | р | с | т | т̌ | у | ӯ | у̊ |
| ф | х | х̌ | ц | ч | ҷ | ш | ъ |
| ь |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Non existe tradición sobre coma escribir este xentilicio en galego, pódese dicir xugnoniano/a ou xugní
- ↑ O nome anterior durante o período soviético era "Gorno-Badaxšan", que ten exactamente o mesmo significado que o novo en taxico o cal adáptase ao galego coma Badaghxán Montañoso
- ↑ O nome preferibel sería Badaghxón xa que tanto en taxico (que é falado nas dúas marxes do río Panxe, nos dous Badaghxán) coma no resto de linguas do Pamir se di así. Esta denominación chega tamén ata as linguas nuristanias onda se di Badaghšón, en camviri, axcunu, vasí, calasha, tregame. Nestas linguas tamén se di Afghanistón, Pokistón, Nuristón... que veñen coincidindo coas lingus do Pamir e o taxico. (A información toponímica foi recollida das transcripcións sobre linguas nuristanias do Profesor Richard F. Strand "Notes on the Nûristânî and Dardic Languages." Journal of the American Oriental Society, 93.3: 297-305; sobre o xugnaniano de diversos traballos).
- ↑ O nome deste distrito tanto en lingua taxica (ata agora a única oficial) coma en xugnanino e demais linguas pamires é Шуғнон, en paxto e persa ,e Šughnān
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Karamšoev, Dodchudo K. (1988-99). Šugnansko-russkij slovar. 3 vols. Moscova: Nauka. ISBN 5-02-016991-9 (Vol. 2), ISBN 5-02-018101-3 /ISBN 5-02-017858-6 (Vol. 3)
