Saltar ao contido

Lingua tregamí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trigamí
Outros nomes:Trigamä, trigami, gambirí
Falado en: Afganistán
Rexións: Distrito de Pech, no val de Tregam, no Nuristán
Total de falantes: Preto de 3.000 (Richard F. Strand en 2000)
Familia: Indoeuropea
 Indoiranias
  Nuristanias
   Trigamí
Escrita: De facelo usan a escrita perso-arábiga
Status oficial
Lingua oficial de: Cooficiais (Constitución do Afganistán)
Regulado por: Non
Códigos de lingua
ISO 639-1: -
ISO 639-2: -
ISO 639-3: trm
SIL: trm
Mapa
.
Status

O tregamí, trigami ou gambirí é unha lingua falada no val do río Trigam nas vilas de Gambir, Cathar e Devoz no distrito de Pech na provincia do Nuristán no Afganistán.

Características[editar | editar a fonte]

Non se lle coñece un nome autóctono, a xente di falar gambirí ou devozí, dependendo da vila. Os lingüistas puxéronlle o nome do val do río Tregam por estar estas tres vilas nese mesmo val. O tregamí pertence á familia de linguas indoeuropeas, na rama indoirania e dentro desta no grupo nuristanio.

Segundo estimacións de Ethnologue o número de falantes é de 1.000 (datos de 1994), pero segundo Richard F. Strand, nos seus estudos sobre as linguas nuristanias, son uns 3.000 (datos de 2000). Ten un léxico similar ao Calaxa (Calasha pronunciado /kalaśa/ cun s retroflexo), entre 76% ao 80% de similitude.