Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
A lingua tártara de Siberia (en tártara de Siberia: Сыбыр тел), é unha lingua turca falada en rexión de Siberia Occidental[1] de Rusia, principalmente nos óblasts de Tyumen, Novosibirsk e Omsk, mais tamén en Tomsk e Kemerovo. Malia que algúns autores como Akhatov, Zaliai, Zakieva e Tumasheva cren que se trata dun conxunto oriental de dialectos da lingua tártara, outros como Dulzon, Tomilov e Valeev ven o sibir como unha lingua autónoma.[1] O tártaro de Siberia está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]