Saltar ao contido

Lingua miskito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua miskito
 Instancia de
 Subclase de
Propiedades
 Número de falantes
180000 Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
vulnerábel
Clasificación lingüística
Localización
 País
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/070_pp Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3miq Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5miq Editar o valor en Wikidata
IETFmiq Editar o valor en Wikidata
Wikidata

A lingua miskito (Mískitu) é unha lingua misumalpa falada polo pobo miskito no nordeste de Nicaragua, especialmente na Rexión Autónoma do Atlántico Norte, e no leste de Honduras. Con 150 000 falantes (2005),[1] o miskito é a lingua máis falada da familia de linguas de Nicaragua e Honduras. O nome da familia, misumalpa, está formado a partir dos nomes dos seus subgrupos: miskito, sumo e matagalpa. O miskito está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]

Ademais de moitas palabras prestadas doutras linguas misumalpas, o miskito ten un gran número de préstamos léxicos do inglés crioulo. Malia que o castelán é a lingua oficial de Nicaragua e Honduras, a súa influencia no miskito é moi recente e polo tanto máis superficial.

  1. Ethnologue (ed.). "Miskito at Ethnologue". Consultado o 27 de xullo de 2017.
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]