Lingua mende
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Mende.
| Lingua mende | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
A lingua mende (Mɛnde yia) é unha lingua falada en Serra Leoa e nalgunhas zonas da veciña Liberia. É falada polo pobo mende e por outros grupos étnicos, xa que actúa como unha lingua franca no sur de Serra Leoa.
Mende é unha lingua tonal da póla mandé da familia de linguas níxer-congo. A descrición sistemática máis antiga do mende foi feita por F. W. Migeod [1] e Kenneth Crosby.[2]
En 1921, Kisimi Kamara inventou o silabario para o mende chamado Kikakui (
). Esta escrita foi usada amplamente durante un tempo, mais acabou por ser substituída por un alfabeto baseado no latino.[3] A Biblia foi traducida ó mende en 1959.
No cinema
[editar | editar a fonte]Foi usada en filmes como Amistad e Diamante de sangue.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Migeod, F. W. 1908. The Mende language. Londres
- ↑ Crosby, Kenneth. 1944. An Introduction to the Study of Mende. Cambridge University Press.
- ↑ Unseth, Peter. 2011. Invention of Scripts in West Africa for Ethnic Revitalization. In The Success-Failure Continuum in Language and Ethnic Identity Efforts, ed. by Joshua A. Fishman and Ofelia García, pp. 23-32. New York: Oxford University Press.