A lingua matsés (tamén chamada mayoruna) é unha lingua pano falada na conca do Amazonas do Perú e do Brasil. É falada por arredor de 2000 membros do pobo matsés (Fleck 2006). A lingua ten boa saúde e é falada por membros de tódalas idades nas comunidades matsés. O mayoruna está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[1]
Os principais dialectos son o matsés peruano, o matsés brasileiro e o extinto paud usunkid.