Lingua mandailing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mandailing
Saro Mandailing
Falado en: Indonesia
Rexións: Sumatra
Total de falantes: 1,1 millóns (censo de 2000)[1]
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Illas Sumatra–Barrier do noroeste
   Batak
    Meridional
     Mandailing
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: btm
Mapa
Status

O mandailing está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua mandailing é unha lingua austronesia falada en Indonesia, na illa de Sumatra. Fálase principalmente nas rexencias de Mandailing Natal, Padang Lawas do Norte, Padang Lawas e partes da rexencia de Labuhanbatu e partes do noroeste da provincia de Riau.

Escríbese usando o alfabeto latino, mais historicamente usouse o alfabeto batak.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo Ethnologue.com
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]