A lingua betawi, ou tamén coñecido como malaio de Iacarta ou malaio betawi, é unha lingua falada polo pobo betawi en Iacarta, Indonesia. É a lingua nativa de arredor de 5 millóns de persoas; un número preciso é difícil de determinar debido ao uso vago do nome. O malayo betawi é unha lingua informal popular na Indonesia contemporánea, que se usa como base do argot indonesio e que se fala habitualmente nas telenovelas de Iacarta e nalgúns debuxos animados (por exemplo, Adit Sopo Jarwo).[1] O nome "betawi" provén de Batavia, o nome oficial de Iacarta durante a era das Indias Orientais Neerlandesas. O indonesio coloquial de Iacarta, unha forma vernácula do indonesio que se estendeu dende Iacarta a grandes áreas de Xava e substituíu os dialectos malaios existentes, ten as súas raíces no malaio betawi. Segundo Uri Tadmor, non hai unha fronteira clara que distinga o indonesio coloquial de Iacarta do malaio betawi.[2]
↑Bowden, John. Towards an account of information structure in Colloquial Jakarta Indonesian. Proceedings of the International Workshop on Information Structure of Austronesian Languages, 10 de abril de 2014. Research Institute for Languages and Cultures of Asia and Africa, Tokyo University of Foreign Studies. p. 194. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2023. Consultado o 07 de setembro de 2023.