Lingua bariba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bariba
baatɔnum
Falado en: Benín, Nixeria
Rexións: Borgou
Total de falantes: 560 000 (1995)
Familia:
 Atlántico-congo
  Sabánica
   Bariba
Escrita: Latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: bba
Mapa
Status

O bariba é a lingua falada polo pobo bariba que habita en Benín e Nixeria, e foi a lingua do estado de Borgu. Non está relacionado coas outras linguas veciñas da rexión, xa que é membro da póla sabánica das linguas níxer-congo.

O bariba é unha lingua tonal.[1] Afirmouse que os patróns tonais do bariba presentan un desafío ó modelo de dúas características da fonoloxía tonal.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N.L. Haddock (1959) The tones of Bariba Phonetica 3:90-94
  2. Clements, Michaud, and Patin, Do we need tone features? In Tones and features: phonetic and phonological perspectives, Goldsmith, Hume, and Whetzels, editors

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]