Lingua alawa
Alawa | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Galawa | |
Falado en: | ![]() | |
Rexións: | Terra de Arnhem, Territorio do Norte | |
Total de falantes: | 4 (censo de 2016)[1] | |
Familia: | Arnhem Gunwingguan Alawa | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | alh
| |
Mapa | ||
Status | ||
O alawa é unha lingua australiana que se fala en Hodgson Downs e noutros asentamentos achegados, no curso alto dos ríos Cox e Arnold, preto do río Roper, na Terra de Arnhem, Territorio do Norte.
Estudos e publicacións[editar | editar a fonte]
Entre 1966 e 1968 a lingüista Margaret Sharpe estudou a lingua, froito deste traballo foi a publicación de Ninda nanggaya Alawirryunu (1976), historias alawas en alawa, kriol e inglés. Alawa song buk (1991), Alawa Wanggaya: Alawa-Kriol-English Dictionary (1999) e Ruwu Alawirryunu (Libro das plantas en alawa) (2001).
En 2003 o lingüista Greg Dickson publicou o libro Stori brom det dubala dog, Ngalima en Ngabalarra (Historia de dous cans, Ngalima e Ngabalarra) e axudou a establecer clases de alawa na escola local de Hogson Downs.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Census 2016, Language spoken at home by Sex (SA2+)". stat.data.abs.gov.au (en inglés). Australian Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2017.