Lingua adang
Aparencia
| Lingua adang | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| bahasa Adang | |||||||||||||
| |||||||||||||
| Propiedades | |||||||||||||
|
Número de falantes
| |||||||||||||
|
Tipoloxía lingüística
| |||||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
O adang é unha lingua papúa falada en Indonesia.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Fálase nas vilas de Adang-Buom, Pitung, Kenarilang, Afeng male, imoli, Adang-Kokar, Bot Bag, Alila e Bu Mol no oeste e noroeste de Kalabahi,no noroeste da illa de Alor (East Nusa Tenggara).
Escrita
[editar | editar a fonte]Os adang utilizan o bahasa indonesio como lingua escrita. En 1987 Stokhof realizou a primeira descrición da lingua, e en 2001 Johnson Haan, un filólogo de lingua materna adang, escribiu a primeira gramática.
Situación sociolingüística
[editar | editar a fonte]A proximidade a Kalabahi, onde a lingua principal é o bahasa indonesio, pon en perigo o seu emprego polas novas xeracións, o que se agrava pola emigración da xente nova cara a outras zonas de Indonesia.

