Lingua aché
| Lingua aché | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||
| Clasificación lingüística | |||||||
| Xeografía | |||||||
|
País
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
O aché é unha lingua da familia tupí-guaraní, do grupo guaraní falada en Paraguai. Segundo o censo de 1006 o aché tiña uns 1 000 falantes.[1] O aché está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Tradicionalmente o aché era un pobo nómade, que vivía da caza e da recolleita do mel, froitos e raíces bravas, libráronse dos contactos cos brancos ata o século XX, para evitar a persecución dos paraguaios que mesmo chegaron a cazalos como animais refuxiáronse nas selvas tropicais do oriente de Paraguai. En 1910 quedaban entre 800 e 1000, e poucos anos despois reducíronse ata os 500 por unha epidemia, en 1941 recuperáranse e chegaban a 600. A vila de San Juan de Nepomuceno era o centro principal do mercado escravista de nenos aché, vendidos ás familias que non podían ter fillos. O primeiro asentamento estableceuse en 1959, con arredor de 30 aché na Colonia Nacional Guayaki, nas beiras do regato Morotï, preto da aldea de Abai, máis tarde transferida a Cerro Morotï. Entre 1970 e 1978 as cinco comunidades nómades que quedaban sedentarizáronse. Os aché comezaron a se recuperar lentamente, e pasaron de 650 en 1981 a 883 en 1995.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]Os aché vivían ata mediados do século XX na rexión oriental de Paraguai, hoxe quedan só 7 comunidades aché: Chupa Pou, Arroyo Bandera, Kuêtuvy, KuêTuwyVe, Cerro Moroti, Puerto Barra e Ypetimi
Escrita
[editar | editar a fonte]En 1978 traducíronse fragmentos da Biblia ao aché.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aché en Ethnologue
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
