Lingua abun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O abun é unha lingua da familia papúa falada en Irian Jaya (Indonesia) polos Yenden.
ISO/DIS 639-3: kgr

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Fálase en 18 aldeas da costa norte e interior do centro de Bird's Head, nos subdistritos de Sausapor e Mega de Irian Jaya.

Falantes[editar | editar a fonte]

3.000 falantes (2000): 2.000 do dialecto Abun Ji, 600 do Abun Tat e 400 do Abun Je.

Dialectos[editar | editar a fonte]

  • Abun Ji, fálase na costa e o interior ao longo do río Som
  • Abun Tat, no nordeste do territorio abun
  • Abun Je, na costa central

Escrita[editar | editar a fonte]

Entre 1991 e 1995 traducíronse algúns fragmentos da Biblia.
En 1999 Christine e Keith Berry publicaron A Description of Abun: A West Papuan Language of Irian Jaya.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Abun no Ethnologue

Cateogoría:Linguas de Indonesia