Limerick (poesía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Book of Nonsense, de Edward Lear
A Book of Nonsense, de Edward Lear
Ilustración dun limerick, de Edward Lear .

O limerick é unha forma poética monostrófica[1] moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formado por cinco versos, xeralmente de tipo anapésico ou anfibraico, cun esquema de rima estrita: AABBA.[2] As dúas primeiras liñas riman coa última, e a terceira coa cuarta, que adoitan ser máis curtas. O limerick adoita ser humorístico en intención e moitas veces obsceno.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta estrofa adoita datarse en Inglaterra dos primeiros anos do século xviii .[3] Foi popularizado polo escritor e poeta Edward Lear no século xix, aínda que non usou ese nome para a estrofa.

Gershon Legman, que compilou a maior antoloxía do xénero, sostivo que o limerick verdadeiro, como forma popular, é sempre obsceno, citando puntos de vista similares de Arnold Bennett e George Bernard Shaw, [4] e describindo o limerick "limpo" como "unha moda fugaz e tema de concursos de revistas, que raramente supera a mediocridade". Desde o punto de vista folclórico, a forma é esencialmente transgresora; a violación de tabús forma parte da súa función.

Aldous Huxley, Rudyard Kipling, Dante Gabriel Rossetti, John Updike, Erica Jong, W. H. Auden, Mark Twain e James Joyce, entre outros, cultivaron esta forma.

Forma[editar | editar a fonte]

Os versos 1, 2 e 5 son máis longos, normalmente con tres pés de tres sílabas (anapaestos ou anfibrados), que riman entre si, e as liñas 3 e 4 son máis pequenas con dous pés de 3 sílabas, tamén rimando entre si.[5] [6]

O esquema de rima é AABBA.

Fóra do mundo anglosaxón, o poeta brasileiro Joaquim Sousa Andrade (Sousândrade)[7] foi influenciado por esta forma poética no seu libro A Guesa.

Orixe[editar | editar a fonte]

Limerick nas paredes de Limerick, Irlanda

O nome do poema é xeralmente considerado como unha referencia á cidade irlandesa de Limerick[8], pero o seu uso foi documentado por primeira vez en Inglaterra en 1846, cando Edward Lear publicou A Book of Nonsense.[9][10] Trata, a maioría das veces, de temas de tendencia humorística, ás veces obscenos.

Gerson Legman, que compilou unha ampla e erudita antoloxía, considerou o limerick verdadeiro como unha forma popular, é xeralmente obscena. Tales puntos de vista tamén son mantidos por Arnold Bennett e George Bernard Shaw.[Cómpre referencia][6][11]

Ilustración con limerick de Hercules e Waggoner.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Debátese a orixe do nome desta forma. O seu uso documentouse por primeira vez en Inglaterra en 1898 (no New English Dictionary ), e nos Estados Unidos en 1902, pero posteriormente documentáronse varios casos anteriores. O nome tómase xeralmente como unha referencia á cidade ou condado de Limerick, en Irlanda,[12] ás veces ligada aos chamados Maigue Poets irlandeses, e pode derivar dunha forma anterior de chistes en verso de xogos de salón, que tradicionalmente incluían un estribillo coa frase: «Will [or won't] you come (up) to Limerick?» [«Virás [ou "non virás""] a Limerick?»]. A frase "come to Limerick" coñécese no argot estadounidense desde a Guerra civil, tal e como documentan o Historical Dictionary of American Slang e a American Dialect Society List. Un significado desta frase, proposto por Stephen Goranson na lista ADS, podería referirse ao Tratado de Limerick, que significa rendición. [13]

Nos arquivos da American Dialect Society, o primeiro rexistro de Limerick deste tipo de poemas data de 1880, nun xornal de Saint John, New Brunswick, acompañado dunha melodía aparentemente popular.[13]

There was a young rustic named Mallory,
who drew but a very small salary.
When he went to the show,
his purse made him go
to a seat in the uppermost gallery.
Won't you come to Limerick?[14]

Edward Lear[editar | editar a fonte]

O Limerick foi popularizado por Edward Lear no seu primeiro Book of Nonsense de 1845 e nun traballo de 1872 sobre o mesmo tema. Lear escribiu 212 limericks que caen dentro da literatura (nonsense) sen sentido. Na súa época era habitual achegar ao poema unha ilustración ad hoc.

O seu verso final era unha especie de conclusión, normalmente unha variante do primeiro verso, rematado na mesma palabra.

Exemplos[editar | editar a fonte]

  • Exemplo con tradución ao galego:
There was an old man of Hong Kong,

Who never did anything wrong;

He lay on his back,

With his head in a sack,

That innocuous old man of Hong Kong

Había un vello de Hong Kong,

que todo fixo sempre bon,

deitouse sobre as costas,

coa cabeza nunha bolsa

o inocuo ancián de Hong Kong.
  • Outro exemplo, escrito e recitado:
There was a Young Person of Smyrna

There was a Young Person of Smyrna

Whose grandmother threatened to burn her.

But she seized on the cat,
and said 'Granny, burn that!

You incongruous old woman of Smyrna!

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford English Dictionary (2nd edition, 1989), s.v. Limerick.
  2. Apostila Limerique
  3. Un interesante y esotérico limerick se encuentra en el diario del reverendo John Thomlinson (1692–1761), en Six North Country Diaries, Publications of the Surtees Society, Vol. CXVIII for the year MCMX, p. 78. Andrews & Co., Durham, etc. 1910.
  4. Legman 1988, pp. x-xi.
  5. * Limericks Arquivado 09 de xullo de 2010 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 "Poesía divertida para nenos". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 13 de febreiro de 2023. 
  7. Toda Matéria
  8. Recanto das Letras </ ref>, que é onde se cre que se orixinou<ref>A diversión e absurdo mundo dos limericks[Ligazón morta]
  9. [https:/ / todohoratemhistoria.wordpress.com/2014/03/22/limericks-e-limeriques/ Cada hora ten historia]
  10. - limerik-page-103923 Culturell.com[Ligazón morta]
  11. .html Poesía risita[Ligazón morta]
  12. Loomis 1963, pp. 153–157.
  13. 13,0 13,1 Hodgson, Charles (4 de marzo de 2010). "Limerick – Podictionary Word of the Day" (en inglés). www.blog.oup.com. 
  14. Saint John Daily News, Saint John, Novo Brunswick. Edward Willis, Proprietor, Martes 30 de novembro de 1880, Vol. XLII, nº 281, páx. 4, columna 5 [headline:] 'Wise and Otherwise'.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Baring-Gould, William Stuart and Ceil Baring-Gould (1988). The Annotated Mother Goose, Random House
  • Brandreth, Gyles (1986). Everyman's Word Games
  • Cohen, Gerald (compiler) (2010). "Stephen Goranson's research into _limerick_: a preliminary report"
  • Comments on Etymology vol. 40, n.º 1-2. (October–November 2010) pp. 2–11.
  • Legman, Gershon (1964). The Horn Book, University Press.
  • Legman, Gershon (1988). The Limerick, Random House.
  • Loomis, C. Grant (1963). Western Folklore, Vol. 22, N.º 3.
  • Wells, Carolyn (1903). A Nonsense Anthology, Charles Scribner's Sons

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]