Ligamento lateral interno do cóbado
Aparencia
O ligamento lateral interno do cóbado ou ulnar colateral é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. Ten forma triangular, diferenciándose dúas porcións:
- Unha anterior, oblicua, co vértice inserido no epicóndilo medial umeral e base inserida na apófise coronoide do cúbito.
- Unha posterior, tamén triangular. O vértice se insire tamén no epicóndilo medial do úmero mentres que a base se insire no bordo medial do olécrano.
- Entre o olécrano e a apófise coronoide existen febras transversais.
O ligamento está preto do tríceps braquial, do nervio cubital e do músculo flexor ulnar do carpo. Do ligamento anular parten febras de inserción do músculo flexor común superficial dos dedos da man.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en castelán). Edición de 1918 de dominio público.