A Liga de Defensa Xudía (en inglés: Jewish Defense League) é unha organización terrorista creada en 1968 co declarado propósito de protexer os xudeus por calquera medio necesario.[1] Xenófobos, isolacionistas e fundamentalistas, cravan unha forma radical de nacionalismo xudeu con chamamentos á violencia e ao extremismo.[2][3]
Segundo o rabino Meir Kahane, as maiores organizacións xudías dos Estados Unidos fallaron en protexer os xudeus do antisemitismo.[4][5]
A Liga de Defensa Xudía francesa inspírase no grupo homónimo dos Estados Unidos, clasificado como terrorista desde 2001 polo FBI. O seu emblema (un puño cerrado sobre unha Estrela de David negra, con fondo amarelo) é, con excepción das cores, o mesmo que o do movemento de extrema dereita Kach, prohibido en Israel.[4]
↑Bourdoukan, Georges (17 de setembro de 2011). "Radiografias do ódio". blogdobourdoukan.blogspot.com(en portugués). Consultado o 21 de setembro de 2025.