Liga Popular Africana pola Independencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Liga Popular Africana pola Independencia (en francés Ligue populaire africaine pour l'indépendance (LPAI) foi un partido político do Territorio Francés dos Afars e dos Issas (actual Djibuti) .

Historia[editar | editar a fonte]

A LPAI fundouse en febreiro de 1972 como o primeiro partido interétnico do país [1] coa fusión da Liga Popular Africana (LPA) de Hassan Gouled Aptidon, da Liga polo Futuro e a Orde (LFO) de Ahmed Dini, a AJP de Idriss Farah Abaneh e da Union Democrática Issa [2]. Aptidon e Dini asumiron respectivamente o posto de presidente e secretario xeral da nova organización, moi próxima á Fronte de Liberación da Costa dos Somalís (FLCS) [3], e se opón ao goberno dirixido por Ali Aref Bourhan enfrontándose coa Unión Nacional pola Independencia (UNI).

A LPAI participou nas discusións que se celebraron en París no primeiro semestre de 1977 para preparar o acceso á independencia do territorio, integrándose no Reagrupamento Popular pola Independencia que logrou os 51 escanos na Asemblea Nacional nas eleccións de abril de 1977, coa LPAI con 23 escanos e o seu presidente como primeiro ministro primeiro e Xefe de Estado a partir de xullo. En marzo de 1979 desapareceu substituído polo partido oficial, o Reagrupamento Popular pola Independencia,

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ali A. Mazrui (ed) Histoire générale de l'Afrique: VIII L'Afrique depuis 1935 Unesco:Paris, 2 ed. 2010, p. 132
  2. Fantu Agonafer, 1979.
  3. Ali Coubba, 1998, chapitre 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en francés) Tholomier (Robert), A Djibouti, avec les Afars et les Issas, auto-édité (sous le pseudonyme de Robert Saint-Véran), Cagnes-sur-mer, 1977, 272 p.
  • (en francés) Leymarie (Philippe), «La Ligue populaire africaine pour l’indépendance», Le Mois en Afrique (Revue française d’études politiques africaines), n° 124, 1976, pp. 91–108
  • (en inglés) Fantu Agonafer, Djibouti's Three-Front Struggle for Independence: 1967-77, PhD, University of Denver, 1979, 204 p.
  • (en francés) Oberlé (Philippe), Hugot (Pierre), Histoire de Djibouti - Des origines à la république, Présence Africaine, (rééd. 1996), París, Dakar, 1985, 346 p.
  • (en francés) Ali Coubba, Ahmed Dini et la politique à Djibouti, L'Harmattan, París, 1998, 235 p.
  • (en francés) Mohamed Aden, Sombloloho Djibouti - La Chute du président Ali Aref (1975-1976), L’Harmattan, París-Montréal, 1999, 224 p.