Life in a Day é un filme documental proxecto de Youtube anunciado o 6 de xullo de 2010. Os usuarios de youtube debían mandar un vídeo gravado o 24 de xullo, para que posteriormente o director gañador do OscarKevin Macdonald editase os vídeos dos contribuíntes para facer o filme. A longametraxe completa estreouse no Festival de Cinema de Sundance en 2011 e mostrouse en directo por YouTube.[1][2][3] O proxecto continúa a tarefa artística da humanidade, que captura a esencia da vida na Terra, como se demostra con proxectos como a serie A Day in the Life e A Moment on Earth.[4]