Lidia Senra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 1 de xullo de 2014 ás 15:52 por Xas (conversa | contribucións) (recat)
Lidia Senra, secretaria de relacións exteriores do Sindicato Labrego Galego

Lidia Senra Rodríguez, nada na Pobra do Brollón o 14 de xuño de 1958, é unha destacada sindicalista do agro galego. Foi membro da Executiva da Coordinadora Labrega Europea (CPE) durante catro anos.

Traxectoria

Estudou o bacharelato en Monforte, e despois comezou a colaborar cos Comités de Axuda á Loita Labrega a mediados dos anos setenta. En 1984, durante o segundo congreso de Comisións Labregas, foi elixida responsable de organización e finanzas. Cinco anos máis tarde, en 1989, accede á secretaría xeral do Sindicato Labrego Galego durante o transcurso do terceiro congreso.

Lidia Senra participou en diversos encontros internacionais representando a Vía Campesina, movemento labrego mundial que agrupa organizacións de América, Asia, África e Europa. Ademais, interviu activamente nos tres foros sociais europeos celebrados en Florencia, París e Londres.

O padroado da Fundación Pedrón de Ouro escolleu a Lidia Senra como Pedrón de Ouro 2011, na súa 48ª edición.

No 2014 presentouse coma candidata a deputada ás eleccións europeas do 25 de maio por Alternativa Galega de Esquerda en Europa: A esquerda plural[1] e foi elixida deputada[2].

Libros

Obras colectivas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ledo Regal, Tareixa (2010). Laiovento, ed. Lidia Senra Rodríguez. A historia dun liderado entrañable. Brión. ISBN 978-84-8487-191-0. 

Ligazóns externas