Saltar ao contido

Licensed to Ill

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Licensed to Ill
Álbum de Beastie Boys
Publicado15 de novembro de 1986
Gravación1985 - 1986
Estudio(s)Chung King, Nova York
Duración44:32
Xénero(s)rap rock, hip hop
Selo(s)Def Jam, Columbia
ProdutorRick Rubin, Beastie Boys
Cronoloxía
Polly Wog Stew
(1982)
Licensed to Ill Paul's Boutique
(1989)
Na rede
Spotify: 11oR0ZuqB3ucZwb5TGbZxb Discogs: 20090 Allmusic: mw0000649870 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Licensed to Ill é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de hip hop Beastie Boys, publicado o 15 de novembro de 1986 a través dos selos Def Jam Recordings e Columbia Records. O disco converteuse no primeiro álbum de rap en chegar ao númeto 1 da lista Billboard 200, e foi o segundo deste xñenero en ser certificado platino pola RIAA. É un dos discos de estrea máis vendidos de Columbia Records ata a data e foi certificado diamante pola RIAA en 2015 por vender máis de dez millóns de copias nos Estados Unidos.[1] O álbum recibiu aclamación da crítica polo seu estilo musical único, a química entre os membros do grupo e o seu rap estilizado. Desde o seu lanzamento, Licensed to Ill foi considerado pola crítica como un dos mellores álbums de hip hop e de estrea de todos os tempos.

A pesar da súa popularidade e éxito, este sería o único álbum do grupo en ser lanzado por Def Jam debido ás diferenzas creativas co produtor Rick Rubin, facendo que o grupo abandonase o selo para asinar con Capitol Records para o seu seguinte álbum, Paul's Boutique (1989).

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Beastie Boys e Rick Rubin, agás onde se indique. 

Cara 1
N.º Título Duración
1. "Rhymin & Stealin"   4:08
2. "The New Style"   4:35
3. "She's Crafty"   3:35
4. "Posse in Effect"   2:26
5. "Slow Ride"   2:56
6. "Girls"   2:12
7. "Fight for Your Right"   3:28
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
8. "No Sleep till Brooklyn"    4:06
9. "Paul Revere"  Adam Horovitz, Darryl McDaniels, Rubin, Joseph Simmons 3:40
10. "Hold It Now, Hit It"    3:26
11. "Brass Monkey"    2:37
12. "Slow and Low"  McDaniels, Rubin, Simmons 3:38
13. "Time to Get Ill"    3:39
  1. "John King and the Story of Chung King Studios". BeatTips (en inglés). 2017-11-27. Consultado o 2024-08-23.