Libertad Alonso Puente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLibertad Alonso Puente
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1910 Editar o valor em Wikidata (113 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Alonso Vieites Editar o valor em Wikidata
IrmánsAntonio Alonso Puente e José Alonso Puente Editar o valor em Wikidata

Libertad Carmen Alonso Puente, nada en Santiago de Compostela o 7 de outubro de 1910,[1] foi unha mestra galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de José Alonso Vieites e sobriña de Eduardo Puente Carracedo. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, que rematou en 1931.[2] Aprobou as oposicións ao maxisterio como cursillista en 1933.[3] Foi mestra na escola de nenas de Esteiro (Muros). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituída. Foi reposta provisionalmente no seu posto de traballo en decembro de 1938,[4] pero separada definitivamente do servizo e con baixa no posto en 1940.[5] Fuxiu e desapareceu do seu lugar de residencia. Finalmente exiliouse en México.

O seu nome figura no monólito levantado a iniciativa da Asociación Terra de Outes, no lugar da Coviña, no límite entre os concellos de Outes e Muros, dedicado a todos os asasinados destes dous concellos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gaceta de Madrid, 15-9-1934, p. 2332.
  2. El Ideal Gallego, 2-6-1931, p. 5.
  3. El Compostelano, 10-10-1933, p. 2.
  4. El Compostelano, 15-12-1938, p. 3.
  5. El Compostelano, 15-5-1940, p. 2.
  6. Monumento ás vítimas do franquismo de Muros e Outes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]