Lewis (satélite)
Aparencia
Lewis / SSTI 1 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | NASA |
Destino actual | Reentrado na atmosfera. |
Data de lanzamento | 23 de agosto de 1997, 6:51 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Athena 1[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostrador tecnolóxico para observación terrestre.[2][6] |
Decaemento | 28 de setembro de 1997[1] |
NSSDC ID | 1997-044A |
Masa | 445 kg[2][5] |
Lewis, tamén coñecido como SSTI 1 (Small Spacecraft Technology Initiative 1) foi un satélite artificial da NASA lanzado o 23 de agosto de 1997 mediante un foguete Athena 1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]Lewis foi o primeiro satélite do programa SSTI de pequenos satélites funcionando como demostradores tecnolóxicos. A instrumentación de Lewis consistía en[2][5][6]
- unha cámara hiperespectral (HSI) para obter imaxes da superficie terrestre.
- un detector espectral en varias lonxitudes de onda (LEISA).
- un detector do fondo cósmico no ultravioleta (UCB).
Despois de chegar a órbita o satélite empezou a xirar fóra de control ao quedar atascado un dos propulsores de control de actitude máis tempo do esperado, perdendo enerxía días despois. Lewis non puido manobrar para chegar á súa órbita operativa e reentrou na atmosfera o 28 de setembro de 1997.[2][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SSTI LEWIS" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2020). "SSTI-LEWIS" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 5. Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Lewis / SSTI" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Lewis (SSTI 1)" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Lewis satellite" (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2020.