Letras Regionales
Aparencia
Letras Regionales | |
---|---|
País | España |
Lingua | lingua castelá |
Fundación | 1925 |
Primeira edición | 1925 |
Última edición | 1928 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Letras Regionales foi unha revista literaria editada en Córdoba entre 1925 e 1928.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en xullo de 1925. Revista mensual. Dirixida por S. Ramos Almodóvar. Publicaba relatos, poemas e outras colaboracións literarias. Entre os seus colaboradores figuraron Armando Palacio Valdés, Serafín e Joaquín Álvarez Quintero, e outros. Entre os colaboradores galegos figuraron Xesús Fernández González e Manuel Fuentes Jorge. O último número coñecido é o 39, aparecido en setembro de 1928.