Let The Devil Sleep

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Let The Devil Sleep
Título orixinalLet The Devil Sleep
Autor/aJohn Verdon
OrixeEstados Unidos
Linguainglés
Xénero(s)Novela de detectives
Data de pub.1 de xaneiro de 2012
Páxinas538
ISBNISBN 978-0-307-71792-4 0307717925
Precedido porShut Your Eyes Tight
Seguido porPeter Pan Must Die

Let The Devil Sleep é a terceira novela de policías de John Verdon. O seu protagonista é Dave Gurney, un detective xubilado de Nova York.

Argumento[editar | editar a fonte]

O máis condecorado detective de homicidios do Departamento de Policía de Nova York, Dave Gurney, aínda se atopa intentando axustarse á súa nova vida retiro cando unha moza que está a producir un documental sobre un famoso asasino en serie lle pide o seu consello. Pouco despois, Gurney comeza a sentirse ameazado: unha frecha de caza aterra no terreo da súa casa e acaba levemente ferido nunha trampa colocada para asustalo. A medida que as cousas se poñen máis bizarras, comeza a remexer o antigo caso do Bo Pastor, que xusto dez anos antes cometera unha serie de asasinatos nas estradas xustificados cun manifesto contra a riqueza. Os asasinatos remataran daquela de súpeto, e un culto de análise medrou arredor do caso nunha sorte de opinión consensuada que convence a todo o mundo, pero non a Gurney.