Saltar ao contido

Len Bias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLen Bias
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata
Landover, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (22 anos)
Riverdale Park, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, Arritmia
sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLincoln Memorial Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónNorthwestern High School (en) Traducir
Universidade de Maryland Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso95 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor en Wikidata
Número deportivo40 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1982–1986 Maryland Terrapins
Familia
IrmánsJay Bias Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1379332 WikiTree: Bias-428 Find a Grave: 9164 Editar o valor en Wikidata

Leonard Kevin Bias, nado o 18 de novembro de 1963 en Landover (Maryland) e finado o 19 de xuño de 1986 en College Park, Maryland foi un xogador de baloncesto universitario que sufriu unha fatal arritmia cardíaca que causou a súa morte, provocada por unha sobredose de cocaína menos de 48 horas despois de ser elixido polos Boston Celtics no segundo lugar do draft de 1986 tras Brad Daugherty, seleccionado co número un polos Cleveland Cavaliers. Bias era coñecido pola súa familia, amigos e compañeiros de equipo como Len ou Lenny.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dende Landover, Maryland, Bias acudiu ao Insituto Northwestern en Hyattsville, Maryland, e posteriormente á Universidade de Maryland, onde se converteu no xogador estrela e en All-American. Vestindo o número 34 na súa camiseta impresionou aos seguidores do baloncesto pola súa potencia física e a súa habilidade para crear as súas propias xogadas. Durante a súa carreira universitaria Bias foi considerado un dos xogadores máis dinámicos.

Bias foi considerado por bastantes publicacións como «o aleiro máis completo que xamais saíra da universidade». Bias foi un dos primeiros, se non o primeiro xogador, en ser comparado con Michael Jordan[1], aínda que o propio Jordan fora drafteado soamente dous anos antes que Bias.

Bias faleceu nun dormitorio do campus do College Park, na Universidade de Maryland. Posteriormente a súa morte foi utilizada como parte dunha campaña antidrogas. A corte do distrito e a corte de apelacións ditaron que Bias era drogadicto habitual.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]